Terapia cognitivo-conductual (TCC)

As persoas temos: Pensamentos, Emocións, Sensacións físicas e Comportamentos. Cada unha destas áreas pode afectar ás demáis. Os teus pensamentos sobre un problema poden afectar a cómo te sentes física e mesmo emocionalmente. Tamén pode alterar o que fagas ó respecto.

A Terapia Cognitivo-Conductual pode axudar a entender cómo pensa un acerca de sí mesmo, de outras persoas e do mundo que nos rodea, e cómo o que un fai afecta aos seus pensamentos e sentimentos.

A TCC pode axudarche a cambiar cómo pensas ("cognitivo") e tamén o xeito de cómo actúas ("conductual") e estes cambios pódenche axudar a “sentirte” mellor. A terapia cognitivo-conductual axuda a tomar conciencia do pensamento inexacto ou negativo, de xeito que poidas ver as situacións difíciles con máis claridade e responder a elas dun xeito máis eficaz.

A terapia cognitivo-conductual pode ser unha ferramenta moi boa no tratamento de trastornos mentais ou enfermidades, como a ansiedade ou a depresión. Pero non fai falla sufrir algún trastorno mental ou enfermidade para disfrutar dos beneficios da terapia cognitivo-conductual. A TCC pode ser unha ferramenta eficaz para axudar a calqueira persoa a que aprenda a manexar mellor as situacións estresantes da vida.

 

¿Qué se fai na terapia psicolóxica?

A persoa que ven a terapia fai un proceso acompañada pola psicóloga que lle axuda a darse conta do que fai e de cómo o fai. Trabállase desde as necesidades, medos ou dificultades que a persoa ten no momento actual da súa vida, sen descartar nin prescindir da repercusión das experiencias do pasado.

O traballo terapéutico de cada sesión céntrase en averiguar, xunto co paciente, qué é o que lle pasa no presente. Qué é o que lle levou a ter unha patoloxía determinada (depresión, ansiedade, fobias, adiccións, etc.) e experimentar un grao de sufrimento tan alto como para interferir na súa vida cotiá. Todo isto sen esquecer que o seu presente poda estar conectado con experiencias do pasado ou mesmo anticipando medos futuros.

O obxectivo principal da terapia psicolóxica é que o paciente amplíe o campo de consciencia co seu entorno a partires dunha toma de consciencia no “aquí e agora” coa que se poida chegar a novas e máis satisfactorias posibilidades. Todo elo dirixido a conferir ao individuo o auto-apoio necesario para recuperar o equilibrio perdido que orixinou o seu trastorno clínico actual.

 

Para quén está indicada a Terapia Psicolóxica:

Está indicada para toda persoa que teña dificultades para manexar os acontecementos actuais da súa vida.

Os motivos polos que as persoas soen pedir axuda son:

  • Estados de estrés e ansiedade que dificultan levar unha vida normal.
  • Estados depresivos, baixo estado de ánimo.
  • Ter sufrido una pérdida (a morte dun ser querido, unha separación, ter perdido o traballo ou cualquera outro suceso traumático....)
  • Baixa autoestima
  • Fobias, medos
  • Problemas de parella
  • Problemas no traballo
  • Problemas cos pais ou cos fillos
  • Problemas coa comida