O tratamento

A Terapia Psicolóxica


A persoa que acude a terapia fai un proceso acompañada polo psicólogo/a que lle axuda a darse conta do que fai e mesmo de cómo o fai. Na terapia trabállase desde as necesidades, medos ou dificultades que a persona ten no momento actual da súa vida, sen descartar nin prescindir da repercusión das experiencias do pasado.

A terapia está indicada para toda persoa que teña dificultades para manexar os acontecementos actuais da súa vida.

Os motivos polos que as persoas soen pedir axuda son os seguintes:

Estados de estrés e ansiedade que dificultan levar unha vida normal.
Estados depresivos, ter baixo estado de ánimo
Ter sufrido unha perda (morte dun ser querido, separación, perder o traballo ou cualquera outro suceso traumático....)
Baixa autoestima, fobias e medos
Problemas de parella, no traballo, coa comida, cos pais ou cos fillos...

Trato cálido y cercano


A decisión de consultares cun psicólogo o cunha psicóloga non che será doada, mais a decisión de pedir axuda é o paso máis importante para axudarte a ti mesma/o.

Xuntos, poderemos avaliar e tratar os problemas que impiden o teu benestar, contribuindo a eliminar preocupacións, malestar, insatisfaccións e mesmo molestias físicas.

Como psicóloga titulada, bríndoche unha contribución seria e profesional que estará baseada na empatía, o respecto e a confidencialidade.

Psicóloga titulada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Membro do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia co Nº de colexiada: G-5181
Centro inscrito no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia Nº C-15-003392

Coñéceme

¿En que podo axudarte?

O meu traballo consistirá en axudarte a restablecer o equilibrio entre Pensamentos-Sentimentos e Conductas.

Para elo, empezaríamos cunha primeira sesión de avaliación onde identificaremos os puntos a traballar. Esa primeira sesión servirache para evaluar se te sintes a gusto conmigo, algo fundamental para poder traballar satisfactoriamente.
Consulta en: Santiago de Compostela
Galego