Terapia

Confía na terapia


O século XXI é o das enfermidades trastornos que teñen que ver coas emocións. A clave está en apoiarse en profesionais que nos axuden a afrontar estes problemas: ansiedade, depresión, estrés, medos.

Terapia cognitivo-conductual TCC


Non é preciso sufrir dalgún trastorno mental ou enfermidade para disfrutar dos beneficios da terapia cognitivo-conductual.


A TCC pode ser unha ferramenta eficaz para axudar a cualquera persoa a que aprenda a manexar mellor as situacións estresantes da vida.

As persoas temos: pensamentos, emocións, sensacións físicas e comportamentos. Cada unha destas áreas pode afectar ás demáis. Os teus pensamentos sobre un problema poden afectar a cómo te sintes física e emocionalmente. Tamén pode alterar o que fas ao respecto.

A Terapia Cognitivo-Conductual pode axudar a entender cómo pensa un acerca de sí mesmo, de outras persoas e do mundo que lle rodea, e cómo o que un fai afecta aos seus pensamentos e sentimentos.

A TCC pódeche axudar a cambiar cómo pensas ("cognitivo") e cómo actúas ("conductual") e estes cambios pódenche axudar a “sentirte” mellor. A terapia cognitivo-conductual axuda a tomar conciencia do pensamento inexacto ou negativo, de xeito que podas ver as situación difíciles con maior claridade e responder a elas dun xeito máis eficaz.

 

O principal obxectivo


O traballo consistirá en entender as dinámicas mentais da persoa e cómo lle seguen a afectar na actualidade. Axudareiche a mellorar a túa regulación emocional na vida diaria, acompañándote a afrontar a realidade dunha maneira máis serea..

Proceso de terapia


A persoa que acude a terapia fai un proceso acompañada polo psicólogo, que axúdalle a darse conta do qué fai e de cómo o fai.


Trabállase desde as necesidades, medos ou dificultades que a persona ten no momento actual da súa vida, sen descartar nin prescindir da repercusión das experiencias do pasado.

Presente

Averiguar, xunto co paciente, qué é o que lle ocurre no presente.

Causa

Qué é o que o que o levou a desarrollar unha patoloxía determinada (depresión, ansiedade, fobias, etc.)

Experiencias pasadas

O presente pode estar conectado con experiencias do pasado ou anticipando medos futuros.

Afrontamento

Tendo en conta todo isto, entrenaranse novos estilos de afrontamento.

Para quén está indicada a terapia psicolóxica

Está indicada para toda persoa que teña dificultades para manexar os acontecementos actuais da súa vida.

O motivos polos que as persoas solen solicitar axuda son: Estados de estrés ansiedade que dificultan levar unha vida normal, estados depresivos, baixo estado de ánimo, ter sufrido unha perda, fobias, medos, problemas coa parella, no traballo, cos fillos, coa comida...
 

Cóntame o teu problema


A decisión de consultares cun psicólogo o cunha psicóloga non che resultará doada, pero a decisión de pedir axuda é o paso máis importante para axudarte
Consulta en: Santiago de Compostela
Galego